Cultura no Camiño chegará a 81 concellos na súa segunda edición

As actividades prolongaranse do 15 de abril ao 30 de setembro

18/2/2014 | Redacción: Santiago. Redacción | Seccións: espectaculospoliticas culturais
1 lecturas | Compartido 0 veces
O programa de actividades culturais que artella a Xunta para os concellos situados nalgunha das rutas xacobeas medra na súa segunda edición. Cultura no Camiño chegará este ano a 86 concellos do país fronte aos 42 que participaron no proxecto o pasado ano. En total serán 31 localidades da Coruña, 20 de Lugo, 12 de Ourense e 23 de Pontevedra as que acollerán as actuacións de música, teatro, danza, narración oral, maxia e novo circo entre o 15 de abril e o 30 de setembro. As actuacións concretas están aínda pendentes de concretar, xa que na actualidade os concellos están a seleccionar os espectáculos do seu interese. Segundo destaca a Consellaría a iniciativa "supón a vertebración dun novo e extenso circuíto de distribución de producións escénicas e musicais galegas".

Universo culturagalega.gal

Contextos

Claves

Conceptos