Este sábado 15 de abril botaba a andar a quinta edición de Cultura no Camiño, o programa co que a Axencia Galega das Industrias Culturais leva iniciativas escénicas e musicais a concellos polos que transcorren as vÃas de peregrinación. Nesta nova xeira, a proposta inclúe un total de 371 actuacións de teatro, música, danza, maxia e novo circo a cargo de 189 formacións do paÃs. As actividades desenvolveranse ata o vindeiro 30 de setembro en 98 concellos, un menos do que na anterior edición. Fan parte do programa actividades para todas as ideades, desde o teatro e a música para o público máis cativo con formacións como Caramuxo Teatro ou Paco Nogueiras e o seu Brinca Vai!, ata propostas máis adultas como Perplexo de Ilmaquinario Teatro ou a música de formacións como Agoraphobia. Os Sete MagnÃficos+1, Elefante Elegante, o Mago Teto, Viravolta TÃteres, Fantoches Baj, Gelria, O sonoro maxÃn, Faltriqueira, A Banda da Balbina ou Xosé A. Touriñán son outros nomes que fan parte do programa e que actuarán en teatros, centros culturais e rúas de todo o paÃs.