O programa Cultura no camiño xa comezou a desenvolver a súa sexta edición que estará ofrecendo espectáculo ata o vindeiro 30 de setembro polos concellos. A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) e Turismo de Galicia organizan este programa co patrocinio de Gadis: Nesta xeira Cultura no Camiño levará as súas actividades a 103 localidades de todo o paÃs, o maior número desde o nacemento desta programación con motivo do Ano Franciscano de 2013 e cinco máis que o pasado ano. Malia todo as 342 actuacións de teatro, música, danza, maxia e novo circo a cargo de 146 formacións artÃsticas galegas si presentan unha redución respecto ao programa do pasado ano que ofrecÃa 29 actuacións máis implicando a 43 compañÃas a maiores.