Agadic reactiva o programa de actuacións culturais nos concellos do Camiño cun novo nome

O programa Cultura no camiño substitúe ao de Camiños de cultura

| Santiago. Redacción | Seccións: Cultura
Compartir:

Non é un formato novo: programar espectáculos de teatro, danza, narración oral, novo circo, maxia e música de todos os estilos naqueles concellos do Camiño de Santiago que non estean adscritos á Rede Galega de Teatros e auditorios co obxectivo de descentralizar a actividade cultural. Un programa que financian a medias entre a administración local e autonómica a través de Agadic. O programa que antes se chamaba Camiños de cultura reconvértese agora en Cultura no camiño con algunhas variantes. A primeira delas o calendario, que en lugar de ser en época estival será no outono e a segunda que se insire na programación conmemorativa do oitavo centenario da peregrinación a Santiago de San Francisco de Asís. O prazo de presentación de propostas por parte das compañías que queiran facer parte da proposta, así como o de concellos interesados en programar está aberto ata o 31 de agosto.

Que che parece esta nova?
61 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Nace Cultura no Camiño

Nace Cultura no Camiño

O programa 105 actuacións de teatro, maxia, música e novo circo a 42 localidades

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teatro, Danza, Camiño de Santiago, Narración oral...