Un total de 334 actuacións de teatro, música, danza, novo circo e maxia poderán verse ata o vindeiro mes de xuño en 40 concellos adheridos á Rede Galega de Teatros e Auditorios. A Axencia Galega das Industrias Culturais daba a coñecer este 12 de xaneiro a proposta deste programa para o vindeiro semestre do ano, no que participarán 75 compañÃas de teatro que desenvolverán 268 funcións, 15 de danza con 33 actuacións, 15 grupos musicais con cadanseu concerto, cinco de novo circo con 14 representacións, e catro colectivos de maxia con outras tantas citas. O total de actuacións, que supón segundo a Agadic unha contratación superior ao millón de euros, supón un incremento de só 6 a respecto do programa do pasado ano.