A Rede Galega de Teatros e Auditorios inicia a súa actividade co novo ano

A Agadic anuncia 349 e unha decea de estreas neste programa ata o vindeiro mes de xuño

| Santiago. Redacción | Seccións: Escpectáculos
Compartir:

Co novo ano, a Rede Galega de Teatros e Auditorios que promove a Axencia Galega das Industrias Culturais en colaboración con entidades locais inicia a súa actividade. A Agadic anuncia que no marco deste programa se desenvolverán un tottal de 349 funcións de teatro, danza, música, maxia e circo en 40 escenarios ata o vindeiro mes de xuño. Ademais, adianta nove estreas absolutas. O Colectivo Verticalia, Estudo Momento, Malasombra Producións, Licenciada Sotelo, Os Monicreques de Kukas, Os Náufragos, Producións Teatrais Excéntricas, Redrum Producciones e Talía Teatro son as compañías galegas que levarán novas obras a cartel. En total destínanse a esta iniciativa 919.000 euros para esta primeira metade do ano. Serán 115 as formacións artísticas contratadas galegas en máis do 90 por cento dos casos, segundo explica a Agadic.

Que che parece esta nova?
47 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito