Un total de 317 representacións de teatro, música, danza, maxia e novo circo comporán a programación que achegará a Rede Galega de Teatros e Auditorios no primeiro semestre de 2016. O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román RodrÃguez presentaba esta mañá o novo programa, que chegará a 41 espazos de toda Galicia (tres máis do que no pasado ano) e que incrementa nun 25 por cento o número de funcións contratadas respecto a 2015. Entre os nomes que se poderán ver no marco desta iniciativa, destacan algúns como Entremans, AirenoAr ou Matarile Teatro en danza; UxÃa e MagÃn Blanco, Guadi Galego, Talabarte ou Orquestra Sondeseu en música e A PanadarÃa, Baobab Teatro, Caramuxo Teatro, Culturactiva, Chévere, Eme2 emoción&arte, Ibuprofeno Teatro, Producións Teatráis Excéntricas, Sarabela Teatro, TalÃa Teatro ou Teatro do Atlántico no apartado teatral.
A nivel orzamentario, as actividades contan cun investimento total de 835.440 euros, dos que 439.742 chegan da Axencia Galega das Industrias Culturais e 395.698 das entidades e concellos titulares dos teatros e auditorios que fan parte da rede. Isto supón un 19,16 por cento máis do que na pasada edición do ciclo.