Jacobo Sutil, director da Axencia galega de Industrias Culturais (Agadic), e Belén Pichel, presidenta da asociación Escena Galega, presentaron hoxe o primeiro semestre de actividade da Rede Galega de Teatros e Auditorios (RGTA). Os números desta importante rede de distribución de producións teatrais, circenses, danza e de maxia, increméntanse levemente respecto ao pasado ano no tocante ao numero de funcións , 321 este ano respecto ás 317 do primeiro semestre do ano pasado, a cantidade de espazos, 43 neste perÃodo que comeza respecto aos 41 do pasado ano. O incremento orzamentario, achegado entre Agadic e as entidades locais, é de case 85.000 euros para este semestre, 920.000 respecto aos 835.440 € do primeiro semestre do 2016. Serán 109 as compañÃas cuxas producións se distribuirán neste semestre a través da RGTA. Segundo sutil, nesta convocatoria da rede percÃbese "a recuperación dos espectáculos de gran formato", aqueles con máis de sete intérpretes en escena. O director de Agadic tamén quixo subliñar as estreas absolutas que se levarán a acabo no marco da RGTA, como Soño dunha noite de verán, Ubú Rei e A cabeza do dragón.
Segundo Belén Pichel desde Escena Galega celebran esta mellora de resultados da RGTA , que recoñecen como a máis importante para as súas empresas, pero cre que aÃnda hai que "facer o esforzo" para que se adhiran máis espazos á rede, entre os que botou a faltar están Rianxo, A illa de Arousa , Tomiño ou Vilalba. "Espazos que cremos que deberan estar tamén na rede", dixo a representante da asociación de compañÃas que animou a seguir traballando para a incorporación de máis auditorios e teatros. Preguntado por esta cuestión Sutil recordou que a RGTA está aberta para entrar nela máis concellos e que os únicos requirimentos son os de dispor dun espazo acondicionado e co-financiar as representacións. Pichel tamén fixo alusión á difÃcil supervivencia das compañÃas xa que o número de funcións resulta insuficiente ao facer a media por espazos ou compañÃas, que sae a menos de tres espectáculos por compañÃa. Belén Pichel adiantou que están a traballar nunha reforma "neste sentido" para mellorar estes resultados dos que Jacobo Sutil afirmou non estar aÃnda satisfeito malia a mellora paulatina das cifras nos últimos exercicios desde o recorte orzamentario de 2012 e afirmou ter ánimo para seguir incrementando a rede e tamén para facer as modificacións que a fagan máis eficiente. Neste sentido compre recordar que no ano 2013 leváronse a cabo modificacións normativas que suprimÃan o número mÃnimo de espectáculos que os espazos debÃan programar para estar na rede. Na avaliación a dÃa de hoxe dese cambio Sutil recordou que "esa situación deuse nun ano que foi un pouco excepcional e esas circunstancias xa non son as de hoxe" e que calquera cambio na normativa da rede precisa o consenso das compañÃas e das entidades locais participantes pero que na súa opinión a rede "ten que seguir coa súa evolución para ser máis eficiente". Pichel tamén apoiou esa opinión e asegurou que xustamente se está debater se eses mÃnimos da anterior normativa se volven poñer ou non en xuntanzas das tres partes que compoñen a rede.