As redes de AGADIC programarán 629 espectáculos ata fin de Ano

A entidade achegará 665.600 aos programas de música ao vivo, salas e teatros e auditorios

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

Seiscentos vinte e nove espectáculos a cargo de 170 compañías percorrerán o país no marco da Rede Galega de Teatros e Auditorios, da Rede Galega de Salas e mais da Rede Galega de Música ao Vivo. AGADIC anunciaba onte a programación do segundo semestre de 2011, na que investiu 665.000 euros. Das actuacións, 85 corresponden á Rede Galega de Teatros e Auditorios, 233 á Rede Galega de Música ao Vivo e 111 á Rede Galega de Salas. Esta é a primeira vez que as redes se desenvolven co novo modelo de xestión que organiza o apoio aos espectáculos segundo a poboación das localidades.

Que che parece esta nova?
76 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Rede Galega de Teatros e Auditorios, Rede Galega de Salas, Rede Galega de Música, Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO)...