A Feira Galega das Artes Escénicas concluÃa hoxe cunha xornada epÃlogo na que se celebraba a Asemblea Xeral da Rede Galega de Teatros e Auditorios. AlÃ, Juan Carlos Fasero, director de Agadic, facÃa público a reforma da rede, previamente consensuada e debatida en comisión técnica. “A nova rede suma un novo circuÃto (chamado o C) para aqueles concellos menores de 12.000 habitantes” explica Fasero. De tal xeito que a Rede Galega terá tres escenarios posibles en función da poboación: un para aqueles concellos grandes, de máis de 40.000 habitantes (a rede A); outro para os que teñen entre 40.000 e 12.000 e os máis pequenos, os menores de 12.000 veciños. O director de Agadic tamén indicou que “o novo modelo comezará a aplicarse a partir do segundo semestre de 2011”.
O novo esquema implica diferentes esixencias de contratación (un número mÃnimo de espectáculos para cada rede, cun mecanismo corrector para que se progamen funcións de todos os xéneros) e un cambio no financiamento, de tal xeito que Agadic achegará menos cartos aos concellos máis grandes (aboará o 40% do caché) e máis aos pequenos (o 60% do caché).
En canto ao orzamento co que disporá a rede para 2011, Juan Carlos Fasero asegura que no marco de recortes orzamentarios xerais, “a nosa intención é non tocar o orzamento da rede”. As directrices do seu departamento continúan a ser a promoción da industria galega e a exhibición porque “non ten sentido promover espectáculos que non se poidan ver”. Agora ben, Fasero anunciou que haberá reformulacións en todas as liñas de actuación porque “estamos nun contexto diferente” e que se irán facendo públicas nas vindeiras semanas.