Agadic facilitará a programación de espectáculos nos concellos menores de 30.000 habitantes

O DOG publica hoxe as novas de funcionamento da Rede Galega de Teatros e Auditorios

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

A Rede Galega de Teatros e Auditorios é un circuíto creado en 1996 para facilitar a difusión de espectáculos galegos. Nestes anos foi incrementando o número de entidades que fan parte da rede, así como as facilidades para promover a contratación co obxectivo de consolidar o mercado das artes escénicas. O DOG publica hoxe as novas normas de funcionamento que inclúen pequenos mecanismos correctores que foi solicitando o sector.

Entre as novas medidas destaca o descenso dun 5% da obrigatoriedade de programar espectáculos en galego de teatros e auditorios de titularidade pública (do 80 ao 75%), así como a mellora no cofinanciamento de espectáculos nas localidades de menos de 30.000 habitantes. Relacionado coa distribución dos espectáculos, Luis Bará, director xeral de Creación e Difusión Cultural, anunciou no marco do Cultur.gal que en 2009 nacerá unha nova rede baixo o nome de Espazos Escénicos.

Que che parece esta nova?
23 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Rede Galega de Teatros e Auditorios, Artes Escénicas, Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO), Axencia Galega das Industrias Culturais