Descenden as funcións da Rede de Teatros e Auditorios no segundo semestre

Están programadas 324 actuacións, mentres que neste período en 2011 eran 385

| Santiago. Redacción | Seccións: Cultura
Compartir:

De aquí a final de ano, celebraranse nos concellos galegos adscritos á Rede Galega de Teatros e Auditorios unhas 324 funcións (221 de teatro, 34 de maxia e outros tantos de música, 24 de novo circo e 11 de danza). Son 61 menos que no mesmo período de 2011, que sumaban 385, o que desde fontes de Agadic explican en parte “pola saída da rede de todos os escenarios vencellados a Novagaliciabanco como o Teatro Colón”. De feito, a Agadic achegará para eses bolos 430.000 euros, 70.000 euros menos que en 2011 e que se corresponde co descenso do número de función. Tal e como establece a normativa da rede, os concellos dobrarán esa cantidade, ao estar cofinanciada ao 50% entre ambas administracións. A segunda xeira de contratación arrincou este luns con dous espectáculos (prevista para o Mago Romarís na Sala Bahía de Foz e e o grupo Treixadura no Centro Cultural Avenida de Rúa) ao corrente de pagamento no primeiro semestre por parte de Agadic.

Que che parece esta nova?
45 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teatro, Danza, Rede Galega de Teatros e Auditorios, Treixadura...