O director de Agadic admite no Parlamento a redución do orzamento para o 2010

A entidade contará con 14.261.565, preto de 300.000 euros menos que este ano

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

Juan Carlos Fernández Fasero, director da Axencia Glaega das Industrias Culturais, asegurou onte no Parlamento que a Agadic sufrirá un recorte orzamentario con respecto a este ano. Malia que Fasero apuntou a preto dun millón de euros, as cifras provisionais (ata que non se aproben na Cámara, non serán definitivas) apuntan a unha reducción de 300.000 euros con respecto ao orzamento deste ano. A clave está na distribución dos 14.262.565 euros. Revisando o proxecto de orzamentos dispoñible no web da Consellaría de Facenda, Agadic recurtará drásticamente os capítulos 2, 4 e 7 do orzamento, que fan referencia, entre outros, aos pagos a empresas privadas, axudas, reunións, conferencias e cursos. Nestes conceptos as partidas descenden máis de millón e medio de euros.

Que che parece esta nova?
57 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Carlos Fernández, Axencia Galega das Industrias Culturais