As redes que agrupan aos espazos escénicos (teatros, auditorios e salas) son dous dos circuÃtos de distribución principal que existen en Galicia. Este ano, a de teatros e auditorios programará 427 funcións en 44 escenarios (desaparecen os centros vencellados á Fundación Novacaixagalicia como o teatro Colón na Coruña). Na de salas ofreceranse 91 funcións (36 espectáculos a cargo de 35 compañÃas). As cifras son inferiores a edicións anteriores e, segundo o responsable de Agadic, Juan Carlos F. Fasero, situase no “contexto á baixa en toda a administración”. En total destinarase 928.637 euros (a metade a través de Agadic ao ter en conta que son redes cofinanciadas) neste primeiro semestre.
Hai dúas claves nas cifras de previsión de contratación, en primeiro lugar a “estabilidade” que se ofrece tendo en conta o contexto xeral. Con todo, as cifras tanto de número de función, como de orzamentos é sensiblemente máis baixo que en anos anteriores. “As compañÃas que teñen un maior número de funcións son TalÃa Teatro (17), Caramuxo Teatro (15) seguidos de Chévere e Eme2” explicou o director de Agadic quen tamén apuntou á baixada de escenarios. “Saen da rede algúns centros como o Colón, que estaban vencellados á Fundación Novacaixagalicia e que tamén afecta á baixada de espectáculos e de funcións”. Nesa desaparición de espazos escénicos, puntualizou que o descenso de orzamento da Rede de Salas se debe "á desaparición da sala Nasa" En segundo lugar, “apreciase que o cambio que establecemos na normativa das redes, programáronse actividades que habitualmente non se contrataban como circo ou maxia”. Con todo, non se prevén modificacións neste sentido.
Por outra banda, Fasero apuntou que a media de entrada das diferentes redes é de 2.74 euros. "Trátase dunha cifra moi baixa que fai que sexa completamente inasumible que unha compañÃa funcione cos ingresos de taquilla" apuntou. A directora do CDG, Blanca Cendán, presente na rolda de presentación da programación das redes coincidÃa con esta liña ao afirmar que "non é o momento, en plena crise, falar de suba de prezos de taquillas, pero é un tema que deberamos repensar".
Ademais, Fasero recoñeceu que existen débedas co sector escénico pero que se “aboarán no primeiro trimestre do ano”.
Agadic no contexto dos cambios do goberno
Na rolda de prensa de presentación das cifras deste primeiro semestre de Agadic, Fernández Fasero asegurou que era pronto para facer valoracións. “Primeiro teño que falar co conselleiro Vázquez, e aÃnda non tiven tempo porque onte e hoxe foron dÃas moi emotivos”, asegurou. Ademais, aproveitou para recordar o carácter de axencia que ten a entidade que está “presidida polo titular de cultura e conta coa participación doutras consellarÃas”.