Danesga reúne preto de 420 sinaturas de apoio ao seu manifesto

Pedía a demisión Juan Carlos Rodríguez Fasero pola "paralización" do sector da danza

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

O pasado 29 de abril, co motivo do Día Internacional da Danza, o colectivo de danza que reúne aos profesonais deste sector, DANESGA, presentou preto de 300 sinaturas de apoio a un manifesto que denuciaba a situación de parálise da danza e pedía, entre outras cousas, a demisión de Juan Carlos Rodríguez Fasero. Onte, este mesmo colectivo volveu presentar por rexistro 126 sinaturas máis de apoio ao seu manifesto e anunciou que continuarán con estas accións ata que “sexan atendidas ditas peticións”. Fasero, na rolda de prensa de presentación da directora do CDG, asegurou que o seu cargo estaba a disposición do conselleiro Roberto Varela “desde o mesmo día que me nomeou”, precisou que o Centro Coreográfico tería responsable en menos dun mes e, ao mesmo tempo, apuntou que o novo centro non só atenderá á danza contemporánea senón tamén outras manifestacións.

Que che parece esta nova?
38 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Bailar con coreografía

Bailar con coreografía

Os bailaríns denuncian o abandono do Centro Coreográfico Galego no Día da Danza

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Danza, Manifesto, Roberto Varela, Centro Dramático Galego

Claves

Protagonistas
Conceptos