Profesionais da danza reclaman a continuidade do Centro Coreográfico

Preto de 200 sinaturas apoian na rede un manifesto a prol do traballo que desenvolveu este departamento

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

Con data do pasado 20 de outubro, publicábase na rede o Manifesto pola continuidade do Centro Coreográfico Galego. Este texto reclama a continuidade no labor desenvolvido por este departamento da Axencia Galega de Industrias Culturais baixo a dirección de Natalia Balseiro. Segundo reivindica este comunicado, "este centro estaba a xerar un importante foco de atención cara á creación que se desenvolve en Galicia" que corre o risco de crebar logo da destitución da directora. Desde a súa publicación, o texto conseguiu apoio de preto de 200 sinaturas, na súa maioría persoeiros do mundo da danza e da creación de todo o Estado, entre eles os responsables escénicos de La Casa Encendida ou o Museo Raíña Sofía.

Que che parece esta nova?
36 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Danza, Manifesto, Centro Coreográfico Galego, Axencia Galega das Industrias Culturais