O director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, confirmou onte que a reforma de estatutos da Axencia Galega das Industrias Culturais actualmente en marcha prevé a desaparición do Centro Coreográfico Galego como unidade independente no seo deste organismo. O actual departamento dedicado á danza integrarase nun novo espazo compartido coa música, segundo adiantou no marco da xornada sobre o estado da danza en Galicia que se celebrou no Consello da Cultura Galega este 21 de xaneiro.
A modificación suporá tamén a desaparición do posto de dirección especÃfica para a danza actualmente existente. Sutil defendeu que esta mudanza non suporá a desaparición do Centro Coreográfico. Ao igual que as anunciadas mudanzas previstas para o Centro Dramático, o novo posto de dirección perderá capacidade executiva e terá un perfil máis administrativo e de xestión do que artÃstico, coa intención de que desenvolva tarefas de intermediación co sector. O director da Agadic recoñeceu que está sen definir se o futuro Centro Coreográfico continuará o desenvolvemento de producións propias ou se centrará o seu labor en coproducións.
Segundo destacou, o obxectivo destas mudanzas é que se haxa "máis produción de danza en Galicia e máis distribución" tanto no paÃs como de cara ao exterior. Entre outros proxectos para este ano, adiantou a intención da Agadic de convocar un concurso público para desenvolver unha ou dúas coproducións de danza.
Na súa intervención, Sutil cifrou en 150.000 as axudas especÃficas para danza dispoñibles 2020 ás que se suma outra convocatoria de axudas á creación 110.000 ás que tamén poden se presentar proxectos teatrais. Lembrou ademais o apoio á contratación que se desenvolve mediante a Rede Galega de Artes Escénicas.
A raÃz do encontro que se celebrou no Consello da Cultura, Jacobo Sutil convocou o sector para unha vindeira xuntanza.
Audio da mesa con Jacobo Sutil na Xornada O estado da danza en Galicia.A modificación suporá tamén a desaparición do posto de dirección especÃfica para a danza actualmente existente. Sutil defendeu que esta mudanza non suporá a desaparición do Centro Coreográfico. Ao igual que as anunciadas mudanzas previstas para o Centro Dramático, o novo posto de dirección perderá capacidade executiva e terá un perfil máis administrativo e de xestión do que artÃstico, coa intención de que desenvolva tarefas de intermediación co sector. O director da Agadic recoñeceu que está sen definir se o futuro Centro Coreográfico continuará o desenvolvemento de producións propias ou se centrará o seu labor en coproducións.