Malia que o concello da Coruña lle cedeu unha parcela á Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) para construír a sede da unidade de danza (Centro Coreográfico Galego), o solar non está urbanizado nin figura no rexistro da propiedade. Dúas condicións necesarias para que a AGADIC execute as obras de construcción antes do 31 de xullo con cargo aos 1.4 millóns de euros que orzamentou o Ministerio de Cultura. De feito, Juan Carlos Fasero, director da Axencia, estivo onte en Madrid xestionando, entre outras cousas, unha prórroga do tempo para esa partida ante os requerimentos legais.
AGADIC busca prórrogar a axuda do Ministerio para a sede do Centro Coreográfico
O Ministerio de Cultura destinara a este fin 1.4 millóns de euros
19 lecturas | Compartido 0 veces
Universo culturagalega.gal
Universos
Claves
Entidades
Conceptos
Lugares