“Os cartos (1.400.000 euros) están ingresados nunha conta desde novembro e só estamos pendientes de que se nos certifique a titularidade da parcela para sacar a concurso a construción do edificio” apuntou Juan Carlos RodrÃguez Fasero, director de Agadic, no marco da rolda de presentación dun novo espectáculo coproducido polo CDG. O concello da Coruña remitiulle á Xunta un certificado dun técnico de urbanismo que acreditaba que o terreno para levantar a sede do edificio é urbanizable e instaba á Agadic a solicitar a licenza de edificación. Sen embargo, ese documento é insuficiente, segundo fontes da Agadic, porque solicitaban certificar (que só o pode facer o secretario do concello ou o Rexistro da Propiedade) a titularidade da parcela. E por se fóra pouca a lea, a Ministra de Cultura asegurou onte na súa visita á Coruña que a Xunta non lle pediu ningunha prórroga e que descoñece a situación do centro. Unhas afirmacións que desmentiu documentalmente Agadic ao difundir a solicitude e a posterior denegación do Ministerio a conceder unha prórroga para construir o edificio. En todo caso, o prazo para a finalización da sede remata no mes de xullo deste 2010 que, de non producirse, suporá que Agadic deberá devolver con intereses (12.000 euros) os cartos que o Ministerio lle deu para construir o edificio.