O concello da Coruña cede ante os requisitos da Xunta para construír o Centro Coreográfico

Comprométese tamén a urbanizar a parcela do parque ofimático

24/5/2010 | Santiago. Redacción | Seccións: danza
20 lecturas | Compartido 0 veces

A Xunta de Goberno local aprobou o venres a inscrición dunha parcela do parque ofimático no Rexistro da Propiedade. Canda esta medida, comprometuese a urbanizar o terreno próximo a esta parcela. Deste xeito, segundo o concello da Coruña, cúmprense os requisitos esixidos pola Xunta para que se inicie a construción do Centro Coreográfico Galego. Unha infraestrutura prometida para a cidade e que conta cunha axuda do Miniserio de Cultura que, tiña que ser devolta (con intereses) se o edificio non se remataba antes de xullo de 2010. Agora, cómpre agardar que o Ministerio de Cultura conceda unha prórroga que permita executar a partida que xa foi ingresada nunha conta da Xunta o pasado mes de novembro.

Universo culturagalega.gal

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Concello da Coruña, Centro Coreográfico Galego, Ministerio de Cultura