O financiamento estatal da sede do Centro Coreográfico atópase en perigo

O Goberno Central deberá conceder unha prórroga para o inicio das obras

| Santiago. Redacción | Seccións: Cultura
Compartir:

A achega de 1,4 millóns de euros adxudicada polo Ministerio de Cultura á construción da sede do Centro Coreográfico Galego podería perderse. Segundo publica hoxe Xornal de Galicia, o director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Juan Carlos Fasero, entrevistarase en breve cos responsables do Ministerio para solicitar unha prórroga de cara ao comezo das obras, que segundo as condicións actuais deberían iniciarse antes do 31 de xullo para manter o apoio do Goberno Central. A sede está previsto que se constrúa no contorno do futuro Parque Ofimático da Coruña.

Que che parece esta nova?
34 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Goberno Central, Ministerio de Cultura, Centro Coreográfico Galego, Axencia Galega das Industrias Culturais...