O Ministerio de Cultura non concederá unha prórroga para construir o Centro Coreográfico

Agadic aínda non ten confirmación oficial por escrito

| Santiago. Redacción | Seccións: DanzaCentro Coreográfico
Compartir:

A batalla librábase en Madrid, onde o Goberno Central tiña a última palabra sobre se concedía unha pórroga sobre unha partida orzamentaria para a construción da sede do Centro Coreográfico Galego. Unha pregunta da deputada galega, Belén do Campo (PPdG), no Congreso dos Deputados avanzaba o desenlace: o Ministerio de Cultura non concede unha pórroga sobre esa partida financeira, o que implica que Agadic deberá devolver esta axuda de 1.4 millóns de euros máis os intereses. Segundo fixo público o Partido Popular da Coruña nunha rolda de prensa, o Executivo xustifica esa decisión en que “non é posible modificar os prazos fixados” e que a variación requería unha aprobación mediante “unha norma igual ou superior” á súa concesión, é dicir, por real decreto. Pola súa banda, Agadic confirmou que aínda non recibiu ningunha notificación oficial pero que se mantén na súa postura inicial, de construír ese edificio na Coruña.

Que che parece esta nova?
35 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ministerio de Cultura, A Coruña, Partido Popular, Goberno Central...