A desputa entre Agadic e o concello da Coruña pola cesión dos terreros para a construción do Centro Coreográfico Galego volveu escribir hoxe un novo capÃtulo. Esta vez foi no Parlamento, na comisión cuarta (de Educación e Cultura), onde socialistas e nacionalistas volveron discutir cos populares sobre a intención real de querer construir o edificio. A deputada Ana Pontón presentou unha emenda á proposición non de lei para pedir que “se exectuara o proxecto previsto para a construción” do centro. A proposta, que finalmente foi rexeitada, suscitou un agrio debate entre os deputados sobre os prazos legais e a polÃtica de promoción e fomento da danza levada a cabo polos anteriores gobernos. Concepción Burgo (PSdG-PSOE) acusou aos populares de non ter interese real en contruÃr o eficio, ao que López Chaves insitiu na cesión do terreo.