O Parlamento constitúe a Comisión de Investigación sobre a Cidade da Cultura

A comisión CdC

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
Como xa se anunciara, a nacionalista Ana Belén Pontón presidirá a Comisión de Investigación sobre a Cidade da Cultura. O Parlamento Galego constituíu hoxe este organismo, que terá na mesa o socialista Francisco Cerviño como vicepresidente e Miguel Santalices, do PPdeG, como secretario. Completan a composición Carlos Aymerich e Xosé Ramón Paz Antón polo BNG, Xaquín Fernández Leiceaga e Concepción del Burgo desde o PSdeG, e Ignacio López Chaves e Manuel Ruíz Rivas por parte dos populares. A comisión agarda finalizar os seus traballos antes da fin do ano.

Máis información en La Voz de Galicia e nos nosos arquivos

Que che parece esta nova?
39 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Xosé Ramón Paz Antón, PsdeG, La Voz de Galicia, BNG...