A comisión parlamentaria sobre a Cidade da Cultura provoca posturas encontradas

Debate sobre a investigación

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
O vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, está a prol de que se constitúa no Parlamento a comisión de investigación sobre a Cidade da Cultura que anunciara Emilio Pérez Touriño. Ao tempo, desde o seu mesmo grupo, Carlos Aymerich demandaba onte que a análise do complexo quede en mans da xustiza e amosábase contrario á investigación na cámara. O PPdeG , pola súa banda, non definiu se apoiará a proposta. A conselleira de Cultura, Ánxela Bugallo, amosouse a favor, o alcalde de Compostela expresou as súas reservas e desde a plataforma contra o complexo sinalaron que a iniciativa de Touriño non pasa de ser unha manobra de distracción. Opinións para todos os gustos.

Máis información en La Voz de Galicia, en Galicia Hoxe, en Vieiros, en Diario de Ferrol e nos nosos arquivos

Que che parece esta nova?
30 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Vieiros, Emilio Pérez Touriño, Ánxela Bugallo, Galicia Hoxe...