A Cidade do Mar de Vigo e o supercomputador Finisterrae son os dous centros que o presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, solicitará que se integren na rede de infraestruturas tecnolóxicas do Estado. O anuncio fÃxoo na presentación dos novos contidos da exposición “Galicia Dixital”, que inclúe tiraboleiros virtuais, a presentadora virtual Robita e unha guia virtual GPS do contorno de Santiago, entre outras novidades.
Máis información sobre o anuncio de Touriño no Diario de Ferrol, en El Correo Gallego, e sobre os contidos de “Galicia Dixital” en La Voz de Galicia e no web da Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual