O sector das artes escénicas anuncian novas mobilizacións trala xuntanza co director de Agadic

Vestidos como cobradores do FRAC reclamaron os pagamentos atrasados

27/10/2011 | Santiago. Redacción | Seccións: teatropoliticas culturais
15 lecturas | Compartido 0 veces

Momento da protesta. Fonte: AAG

A sede de Agadic foi o lugar escollido para que os actores realizaron novas accións de protesta denunciando o impago das facturas atrasadas, a demora na resolución das convocatorias de axudas e a mala xestión da administración “que están abocando ao peche a case 200 empresas e poñendo en risco de desaparición máis de 2000 postos de traballo”. Durante a concentración na que leron un comunicado, reuníronse co director-xerente de Agadic, Juan Carlos Fasero, ao que lle trasladaron as súas queixas. Nunha nota de prensa remitida conxuntamente pola Asociación de Actores e Actrices de Galicia mais Escena Galega, anunciaron novas mobilizacións tras non ter respostas satisfactorias por parte do director de Agadic.

Universo culturagalega.gal