O sector das artes escénicas inicia accións reivindicativas

A primeira actividade pasa por denunciar os atrasos ante a sede de Agadic

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

Mércores 26 de outubro (11:00 horas) na sede de Agadic. Este é o lugar ao que están convocados os profesionais das artes escénicas que reivindican o pagamento das facturas e a resolución das Ordes de Axudas de 2011 por parte da administración. Trátase da primeira das acción reivindicativas que acodaron os membros do sector trala celebración da Mostra das Artes Escénicas a semana pasada. Alén de facerlle chegar ao director de Agadic o malestar pola situación actual, os profesionais presentes darán a lectura dun comunicado.

Que che parece esta nova?
27 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Artes Escénicas, Ordes, Axencia Galega das Industrias Culturais