Venres 28 de xaneiro ás 12:00 horas. É a data fixada pola asociación Escena Galega para que todo o colectivo das artes escénicas (actores, técnicos, danza, maxia…. ) acuda á sede de Agadic a esixir o pago da débeda que esta administración mantén con elas e que inclúe subvencións e funcións impagadas (relizadas no último trimestre de 2010). O colectivo reuniuse onte durante catro horas para debater unha liña de acción común que se concretou na convocatoria deste venres e que fan extensible a outras agrupacións do sector. Ernesto Chao, presidente de Escena Galega, asegura que a intención desta concentración é a de “ir cobrar” esas débedas acumuladas, que cuantifican nun millón de euros. “De non nos pagar ese día, queremos que se nos diga unha data real e cercana para cobrar” explica ao tempo que asegura que é unha postura “unánime” do colectivo.
O sector das artes escénicas reclamará este venres o pago dos atrasos na sede de Agadic
Cuantifican a débeda en un millón de euros
17 lecturas | Compartido 0 veces
Ligazóns externas
Universo culturagalega.gal
Universo
Explora o Universo
Pincha para ampliar esta historia
no seu contexto cultural galego
Escenarios
Claves temáticas
Protagonistas
Conceptos