Agadic confirma que comezará a pagar hoxe uns 880.000 euros

Escena Galega convocou ao sector ás 12:00 horas diante da sede da entidade para reclamar os cobros

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

Hoxe é o día fixado pola asociación Escena Galega para que o sector das artes escénicas acuda á sede da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) para reclamar o pagamento das contías que lles adebedan. Precisamente, a Agadic emitiu onte un comunicado sobre esta materia asegurando a “normalidade” nos pagamentos (de subvencións e doutros conceptos) e que comezarán a aboarse aos seus acreedores a partires de hoxe, venres 28 de xaneiro. En todo caso, a entidade da Consellería de Cultura e Turismo contabiliza que esa débeda ascende a 880.000 euros e non o máis dun millón de euros que reclama o colectivo Escena Galega, tal e como o adiantamos desde Culturagalega.org o pasado martes.

Que che parece esta nova?
44 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Escena Galega, Turismo, Artes Escénicas, Consellería de Cultura e Turismo...