Escena Galega denuncia que o goberno adebeda ás compañías unha media de 100.000 euros

Agadic recoñece a existencia de débedas en facturas emitidas despois do 5 de novembro

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

“A cifra media de débeda entre funcións e produción por compañía da administración pública coas compañías teatrais é de 100.000 euros” afirma Ernesto Chao, presidente de Escena Galega, colectivo que agrupa a empresas profeionais do ámbito das artes escénicas. Chao refírese tanto ás axudas para o desenvolvemento de espectáculos, como as funcións contratadas e impagadas por parte tanto dos concellos como de Agadic. Ademais, con afán clarificados expuxo o caso concreto da compañía que dirixe, Lagarta, Lagarta, á que a administración adebeda 130.000 euros. “¿Qué empresa pode sobrevivir con estas débedas?” asegura o presidente deste colectivo quen augura un mal ano para a artes escénicas “no que se verán obrigadas a pechar case a metade das empresas deste sector”. Desde Agadic recoñecen que hai contías por pagar, que se irán liquidando nas vindeiras semanas, pero que corresponden, en todo caso, a facturas posteriores ao día 5 de novembro.

Que che parece esta nova?
48 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Escena Galega, Artes Escénicas, Lagarta, Ernesto Chao...