Escena Galega denuncia que Agadic non executou o 25 por cento do orzamento do 2010

Acusan ao goberno de deixadez neste sector

| Santiago. Redacción | Seccións: Cultura
Compartir:

No marco dunha visita ás instalacións da Escola de Arte Dramática de Vigo (ESAD), a directiva de Escena Galega volveu denunciar a situación das artes escénicas. Ernesto Chao recoñeceu que a administración iniciou os pagamentos das funcións que adebedaba pero que é “lento” . Aproveitou para volver cargar contra a política teatral da Administración, á que acusou de deixadez neste sector e de non executar a partida completa en 2010 (segundo os seus cálculos hai un 25% do orzamento que non se executou). Ademais, os representantes deste colectivo que agrupa as empresas profesionais denunciaron o adiamento da convocatoria das axudas as arte escénicas, así como o descoñecemento que o sector ten do texto desas subvencións.

Que che parece esta nova?
48 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Escena Galega, Ernesto Chao, Artes Escénicas, ESAD...