As compañías de teatro convocan un congreso para buscar solucións á crise

Compilarán solucións concretas nun documento que lle trasladarán á Agadic

25/10/2010 | Santiago. Redacción | Seccións: espectaculosteatropoliticas culturais
13 lecturas | Compartido 0 veces
“As artes escénicas sofren graves problemas agravados aínda máis pola crise económica” afirma Ernesto Chao, presidente de Escena Galega, o colectivo que agrupa ás empresas das artes escénicas de Galicia. De todos eles e das solucións para atallaos falarán no congreso “Artes Escénicas e a crise: presente e futuro” que se desenvolverá no Consello da Cultura Galega do 2 ao 5 de novembro. Luma Gómez, secretaria deste colectivo, matizou que “prendemos sentar unhas bases de futuro” para un sector sobre o que planea, en palabras de Chao, a “ameaza do peche de boa parte das compañías profesionais que empregan a preto de 2.000 traballadores en Galicia”. Eduardo Alonso, coordinador do programa, matizou que o programa se asenta sobre os piares que afectan a este sector público (estratexias de captación e dinamización de público), creación e espectáculos (compañías residentes, coproducións...) e o papel das institución públicas, “pero non só a administración autonómica, senón tamén a central e os concellos que pagan mal e tarde, cando pagan”.
Ligazóns externas

Universo culturagalega.gal

02/11/2010

A crise súbese a escena

O sector das artes escénicas debaten solucións para evitar retrocesos de axudas e de público

Universo

Explora o Universo

Pincha para ampliar esta historia
no seu contexto cultural galego