Recorte dun 30% da Rede Galega de Teatros e Auditorios e dun 24% da Axencia Galega das Industruias Culturais (Agadic). Son algunhas das cifras que o colectivo Escena Galega, que reúne a 35 empreas profesionai das artes escénicas, denunciou esta fin de semana nun comunicado. O mesmo documento que xa lle remitiron en dúas ocasións á Consellarái de Cultura a través da Agadic e do qeu non tiveron respostas. No texto, segundo explica Ernesto Chao, piden que a reducción dos orzamentos para as artes escénicas sexa semellante ao descenso xeral da ConsellarÃa de Cultura (entre un 3% e un 9%).
A rede Galega de Teatros e Auditorio está cofinanciada entre os concellos e a Xunta (a través de Agadic), se se lle reduce a contÃa da adminsitración autonómica, moitos concellos, xa nunha situación precaria, non poderán programar. “Iso arrastrará ao peche a numerosas empresas” asegura Ernesto Chao. Ao mesmo tempo, Escena Galega lembra que no Plan Galego das Artes Escénicas, que foi aprobado no Parlamento, no 2010 debera incremenarse as axudas ao teatro nun 20% e non unha reducción de case o 30%.