“Estamos todos. Ninguén se negou a vir” apuntou Ernesto Chao ao principio da súa intervención. Fíxoo en nome dunha vintena de colectivos de representantes das artes escénicas do país que asinaron un documento para esixirlle á Consellaría de Cultura o desbloqueamento das políticas culturais. E iso implica que se paguen as facturas xa realizadas (que cuantifican nun millón de euros), resolver as subvencións relativas ao sector (antes do 30 de xuño), que se ratifique a programación da Rede Galega de Teatros e Auditorios do segundo semestre do 2009 e a resolución das axudas para a programacións dos diferentes Festivais de Artes Escénicas. O documento será entregado mañá xoves na Consellaría de Cultura ao tempo que lle dan o prazo dunha semana para xuntarse cunha Comisión que lles permita “desbloquear a situación”.
O sector escénico únese para reclamarlle a Cultura a resolución das subvencións
Cuantifican nun millón de euros as funcións impagadas por Agadic desde o 1 de marzo
1 lecturas | Compartido 0 veces
Universo culturagalega.gal
Contextos
Claves
Protagonistas
Conceptos
