As axudas da Agadic a festivais de artes escénicas mantéñense en 280.000 euros

O prazo de solicitude finaliza o vindeiro 25 de abril

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculos
Compartir:
As axudas da Agadic a festivais de artes escénicas mantéñense en 280.000 euros

O Diario Oficial de Galicia deste 25 de marzo recolle a nova convocatoria da axudas para a organización de festivais de artes escénicas. A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) mantén a contía de 280.000 euros da última xeira desta liña de subvencións.

A axudas cubrirán ata un 60 % do orzamento de cada evento cun límite de 60.000 euros, unha porcentaxe que sobe ata o 85% para as solicitudes realizadas por concellos. O eventos deben celebrarse entre o 1 de novembro do ano 2024 e o 31 de outubro do ano 2025 e contar cun mínimo de dúas edicións para poder optar á convocatoria.

Ademais, un 40% do orzamento débese dedicar á contratación artísticas e as compañías debe supor, como mínimo, un 30% do gasto total. O prazo para presentarse a esta convocatoria vai do 26 de marzo ao vindeiro 25 de abril.

Que che parece esta nova?
62 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Artes Escénicas, Axencia Galega das Industrias Culturais