Non hai datos oficiais pero o panorama debuxase desalentador para as máis de dúas mil persoas que se dedican ás artes escénicas. Actores, Actrices, empresarios e implicados no tecido empresarial manteñen nestas semanas unhas xuntanzas para coñecer a súa situación e consensuar unha postura común que manter ante a Adminstración. Primeiro fixérono o colectivo de actores e agora chega o momento dos profesionais reunidos en Escena Galega. O teatro plántalle cara á crise con diálogo.
“Se hai algo seguro que podemos afirmar é que non hai crise de público. Nas nosas últimas funcións apreciamos que existe un incremento de público” explicaba Ernesto Chao, presidente de Escena Galega, colectivo que organiza desde hoxe un congreso para falar da relación das artes escénicas coa sociedade, o seu ámbito creativo e o papel das institucións públicas. Razón non lle falta, as cifras que facilita a Rede Galega de Teatros e Auditorios a través do seu boletÃns e_scena apuntan cara ese incremento de público e de funcións. Algo que tamén constata o Anuario das Artes Escénicas, Musicais e Audiovisuais que edita anualmente a SGAE que evidencia que en Galicia, ao contrario da tendencia española, tivo resultados moi positivos no ano 2009. Os 3.199.660 millóns de euros recadados polo teatro con 548.935 espectadores, que marcaban unha recuperación con respecto ao ano 2008, no que as cifras foron máis baixas. Con todo, os profesionais piden medidas para que todo este incremento non caia en saco roto.
¿As razóns deste congreso?
Para Ernesto Chao son múltiples os motivos que obriguen á escena galega a reunirse para falar da súa situación:“As ates escénicas sobre graves problemas que non só se deben pola crise económica; hai unha crise de ideas e falta de vontade desde o ámbito polÃtico para combater a crise económica”. O obxectivo último desta inciativa que comeza hoxe no Consello da Cultura Galega é obter un documento con lÃneas de traballo concretas que se lle presenten a Agadic como unha ferramenta con ideas e solucións concretas que afectan a esta parte da sociedade. “Non só se trata de que as artes escénicas configuran parte da personalidade e da identidade dun paÃs, é que entre todos os sectores implicados (desde postos creativos ata técnicos) hai preto de 2.000 persoas ¿Como non Ãan axudar a unha empresa se 2.000 traballadores se van ir á rúa?” Preguntábase Chao na rolda de presentación dun congreso que debaterá todas as pónlas implicadas nas artes escénicas: o público, a creación e as institucións.
Un futuro con grandes incertidumbres
Apuntábase desde hai algún tempo pero ata que se presentou o borrador de proxecto de lei dos orzamentos de 2001, non pasaba da pura especulación. Agadic verá reducido o seu orzamento nun 30% con respecto ao 2010 para as súas vindeiras liñas dea ctuación “Non podÃamos definir e fixar as liñas de actuación ata que non souberamos realmente con que orzamento dispuñamos” explica Juan Carlos Fernández Fasero, dirctor de Agadic. Agora, coa previsión na man chega a hora de ir marcando o novo escenario. O primeiro paso deuse no marco da Feira Galega da Artes Escénicas. Na xornada epÃlogo, celebrouse unha xuntanza da Rede Galega de Teatros e Auditorios, na que se deron a coñecer os cambiso que se consensuaron pola comisión técnica. “A nova rede suma un novo circuÃto (chamado o C) para aqueles concellos menores de 12.000 habitantes” explicaba daquela Fasero. De tal xeito que a Rede Galega terá tres escenarios posibles en función da poboación: un para aqueles concellos grandes, de máis de 40.000 habitantes (a rede A); outro para os que teñen entre 40.000 e 12.000 e os máis pequenos, os menores de 12.000 veciños. O modelo estará activo desde o segundo semestre do ano que vén e disporá do mesmo orzamento que no 2010. “non ten sentido que axudemos a facer creacións que logo non chegan ao público” afirmaba daquela Fasero. Ademais, anunciou que haberá reformulacións en todas as liñas de actuación porque “estamos nun contexto diferente” e que se irán facendo públicas nas vindeiras semanas. Nese contexto diferente non ten cabida o Plan Galego das Artes Escénicas, un documento consensuado por todas as partes implicadas no sector con partidas orzamentarias para cada área de actuación pero que o director de Agadic considera que é “inasumible porque estamos noutro contexto económico completamente imposible”. E precisamente, este é un dos principais punto de enfrontamento do sector coa Administración, porque a profesión clama polo seguimento e cumprimento dun documento que no seu dÃa pactaron todas as partes.