Desde hai meses o sector das artes escénicas alerta do peche de compañÃas, da desparición de foros fundamentais para a pervivencia do seu sector como o da Feira Galega das Artes Escénicas, a diminución continuada das axudas para a produción e distribución...e, o que consideran máis grave, a desidia da administración. Hoxe, Escena Galega celebra as súas tradicionais xornadas (reducidas a un único dÃa) na que pretenden reflexionar sobre o servizo público. E para a análise trae a profesionais de fóra do sector.
Teñen Miguel MartÃn, Xosé Manuel Pazo, Pilar GarcÃa Negro ou MarÃa Xosé Porteiro un fÃo común. “Todos eles coñecen o sector e nalgún momento tiveron responsabilidades relacionadas coa actividade escéncia” explica Salvador del RÃo, presidente de Escena Galega, colectivo profesional que asina esta xornada que se celebra hoxe nas instalación do Consello da Cultura Galega en Santiago. “Entre todos pretendemos ver que papel ten o teatro de cara a cidadanÃa, pero tamén a súa relación coas administracións” engade.
O servizo público das administracións
“Se algo hai claro é innegable é o papel de servizo público do teatro e o importante que foi a implicación da administración para chegar ata aquÃ, coa súa profesionalización e composición” explica MarÃa Xosé Porteiro, que abordará a relevancia do público e o papel do privado no mundo da cultura. Alén do papel histórico que tanto a adminsitración como as diferentes entidades desenvolveron no eido da cultura (con fórmulas como a Responsabilidade Social Corporativa, ou con medidas que apoiaron un desenvolvemento da cultura identitaria), para MarÃa Xosé o debate está hoxe en que a “administración entenda o valor económico da cultura, como xerador de emprego, estÃmulo á creatividade, a importancia da repercusión no exterior”. Para iso, considera que as fórmulas son os mecanismos de crédito especÃfico, incentivos fiscias e outros mecanismos de acción. “Hai que producir un cambio de actitude, e o sector deberá decatarse de que as subvencións a fondo perdido xa non son a tendencia” advirte.
Nesa mesma liña está Miguel MartÃn, o que fora o primeiro director de Agadic, que estará presente nas xornadas para facer un repaso histórico do que supón o concepto do servizo público “que chega do dereito administrativo francés e da súa xustificación a partir da teorÃa económica”. Trazará as diferenzas entre o modelos socialdemócrata (o papel directo do estado na produción e distribución que se concreta no modelo francés ou no portugués de compañÃas residentes e públicos) e o modelo liberal (o protagonismo descansa na sociedade divil e require da presenza de compañÃas privadas que protagonizan o sector co apoio da administración). MartÃn é “máis cercano ao modelo neoliberal, onde a sociedade civil ha de ter un protagonismo e a intervención dos estados públicos concrétase na opción de apoiar, sen substituÃr, a sociedade civil. Hai campos da cultura que funcionan perfectamente sen os poderes públicos e, polo tanto, non ten sentido as administracións substitúan a sociedade naqueles aspectos”.
Con todo, a experiencia de Xosé Manuel Pazos á fronte do concello de Cangas evidencia ese papel xestor da administración. “Nós collimos un concello que tiña unha media de 100 espectadores por funcións, e dous anos despois a media estaba en 250”. A súa fórmula consistiu en traballar unha polÃtica cultural en ciclos ou programas de tal xeito que a xente soubera que “sempre haberÃa algunha función”. Entra asà na segunda consideración que debe atender unha polÃtica pública: o público.
Por e para o público
A necesidade dunha continuidade, a formación de públicos é para Xosé Manuel Pazos clave na formación dos públicos, e esteas medidas son vitais para obrigatoriamente pola “habitualidade, é dicir, que os teatros sempre teñan algún tipo de programación”. Na súa opinión, os criterios de programación de público deben levar, de xeito obrigatorio, outros adxectivos “homoxeneidade, que o espectador non chegue e se atope un dÃa baile, outro dÃa teatro, outro dÃa danzaÂ…, que sexa estable, que teña calidade, sexa variada e continuada no tempo para que poidan chegar o público”. O traballo que desenvolveu como concelleiro de Cultura en Cangas durante os anos 2007 e 2009 permitiulle descubrir que era posible incrementar o seu traballo de cara o público e con resultados. No caso de Cangas nese tempo, “buscamos un incremento de orzamento que non viñera unicamente por parte das administracións –deputación, municipal ou da Xunta- senón tamén por parte das empresas da zona, e conseguimos”. Pazos abandonou o posto en 2009 sen unha continuidade no proxecto. “Malia que o tirón do público continuou hoxe atopamos un auditorio municiapl con programación puntual e con espectáculos que se anuncian e logo non se celebran porque non venden o número suficiente de entradas”.
A clave está na programación continuada para un público ao que deberÃan ter ben perfilado. Nese senso, desde Escena Galega recoñecen que están un pouco cegos no seu camiño xa que non teñen moi claro como é esa persoa que senta no patio de butacas. Os últimos estudos de público son os elaborados por Agadic hai varios anos (perfilaban a unha muller, na trintena, universitaria e cunha ampla participación cultural). “Temos opinións contradictorias” asegura Salvador del RÃo, “hai xente que che di que temos máis espectadores, outros que igual estamos perdendo público” lamenta del RÃo que destaca o carácter utilitario deste encontro que rematará cun documento que trazará unha folla de ruta para o futuro.