Escena Galega busca unha postura ante os atrasos nos pagamentos de Agadic

Agadic recoñece a existencia de atrasos pero non nas datas que denuncian os actores

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

Non é unha reivindicación nova, o colectivo teatral leva semanas denunciando atrasos nos pagamentos por parte de Agadic, entidade dependente da Consellaría de Cultura. A última manifestación pública nesta dirección foi a semana pasada, na rolda de presentación das funcións en Santiago de “Memoria de Helena e María”, de Teatro do Atlántico, cando Xulio Lago denunciou que a administración debe cartos ás compañías desde agosto. Agadic recoñeceu no seu momento atrasos nos pagamentos pero só desde as facturas rexistradas antes do 8 de novembro. As compañías profesionais agrupadas no colectivo Escena Galega reúnese hoxe para debater e consensuar unha postura común ante a situación.

Que che parece esta nova?
43 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Escena Galega, Teatro, Teatro do Atlántico, Axencia Galega das Industrias Culturais