A Plataforma das Artes Escénicas convoca unha asamblea aberta o luns 28

Pretenden denunciar a parálise de Agadic e a falta de diálogo co sector

| Santiago. Redacción | Seccións: Cultura
Compartir:

Solicitaron por rexistro a cesión do Salón Teatro para falar da situación das artes escénicas e agardarán á confirmación por escrito da Secretaría Xeral de Cultura. E se non chega, farán a xuntanza ás portas. A Plataforma das Artes Escénicas convoca unha asamblea aberta para o vindeiro luns 28 (12:00 horas) co obxectivo de por en común o contexto actual do sector e as medidas a tomar. A situación que denuncian “é cada vez máis grave, e agudízase cos orzamentos publicados para este ano e coa parálise total da Agadic, que nos deixa sen interlocutor diante da Administración, sen redes de distribución” apuntan fontes da Plataforma. Na convocatoria, que está a circular polas redes sociais, critican que o conselleiro se “nega a recibir á Plataforma das Artes Escénicas, na que estamos integrados co resto de asociacións do sector”.

Que che parece esta nova?
50 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Artes Escénicas, Asociacións, Teatro, Salón Teatro...