Solicitan unha entrevista co Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Jesús Vázquez, asà como un plan para as artes escénicas. Fano por escrito e un por un. O sector das artes escénicas e musicais, reunidos nunha plataforma, comezou onte luns as súas reivindicacións despois de meses de continuadas queixas e peticións fallidas de xuntanzas. Onte, despois de presentar as solicitudes iniciaron un encerro que foi disolto pola policÃa pasadas as 10 da noite. Hoxe, volveron outra vez pero xa non puideron entrar no edificio, realizaron unha asemblea no exterior e decidiron continuar co que Salvador del RÃo, membro da plataforma, chamou “accións de visibilidade para facer partÃcipes ás cidadanÃa da grave situación”.
“As demandas non son novas. Temos un problema de interlocución coa Agadic e, ante a falta de cabeza visible, a quen lle corresponde asumir as súas función é ao secretario xeral de Cultura e ao conselleiro que non están asumindo ese traballo. E tampouco concordamos que a falta de responsable é a causa que xustifica a paraláise das redes de distribución e do impagamento das débedas, entre outras cousas”. Salvador del RÃo, responsable de Escena Galega, é claro sobre a situación que motivou que un centenar (segundo este colectivo) de profesionais leve desde onte con mobilizacións na Cidade da Cultura. Logo dun dÃa no que foron desaloxados pola policÃa, hoxe acordaron nunha nova asamblea ás portas da sede de Agadic no Gaiás, continuar o vindeiro luns.
Por parte da consellarÃa de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, remiten á intervención de Xesús Vazquez no Parlamento hai quince dÃas e na que apuntou que malia a restricións orzamentarias a Xunta “asegura a distribución a través da Rede Galega de Teatros e auditorios”, ao tempo que os circuÃtos como a Rede de Salas e o de Música ao vivo que “dependerán dos orzamentos para actividades”.
A Plataforma Das Artes Escénicas e Musicais está integrada por Escena Galega (Asociación Galega de Artes Escénicas), AAAG(Asociación de Actores e Actrices de Galicia), ASILGA (Asociación de Ilusionistas de Galicia), DANESGA (Asociación Profesional de Danza Escénica Galega), Asociación Galega de Músicos ao Vivo, AFEARTE (Asociación de Festivais de Artes Escénicas), Salas de Teatro Privadas UNIMA GALICIA (Unión de Marionetistas de Galicia), Asociación de Alumn@s da ESAD, APCG (Asociación de Profesionais do Circo de Galicia), CIRCO9, AGAG (Asociación Galega de Guionistas), Asociación de Artistas de Rúa, Revista Núa, Revista Galega de Teatro, Asociación de Amigos do Teatro de Vigo, , CLUBTURA (Asociación Galega de Salas de Música ao Vivo)