
Un dos pilares nos que imos poñer máis forza, é na implicación da celebración do Día da Letras Galegas dedicada a Roberto Vidal Bolaño que para nós é como se lle dedican o día ao teatro, porque el sintetiza a historia do teatro profesional en Galicia. Para iso, alén de ofrecer a súa colaboración ao Centro Dramático Galego, a Asociación ten a intención de facer unha exposición para dar a coñecer tanto a figura de Roberto Vidal Bolaño como a profesionalización do teatro e levar ese traballo por toda Galicia. A curto prazo, están fixadas unha serie de xuntanzas, entre elas no Consello Reitor do CDG para esta semana, así como presionar pola celebración da Feira Galega das Artes Escénicas. A día de hoxe Agadic non ten a intención de celebrar a feira, unha decisión moi negativa para o sector e nós pretendemos buscar alternativas para que este mecanismo importante para a distribución dos espectáculos non desapareza.
Entre outra das liñas de traballo do novo presidente, está a intención de permanecer na plataforma das artes escénicas (que conforman Escena Galega, a Asociación de Actores e Actrices, a Asociación de Titiriteiros, a de Magos) como unha ferramenta de loita diante das institución é que pretendemos que consolidar. Desde o seu punto de vista, a situación escénica atravesa un difícil momento ante o peche dalgunhas compañías, e a renuncia doutras a montar ningún espectáculo esta temporada.
Nova Xunta Directiva
A composición da nova Xunta Directiva está formada polos seguintes membros: Toño Casais (Presidencia), Casilda Alfaro (Vicepresidencia), Guillermo Carbajo (Secretaría), Camila Bossa, Álex Carro, Antonio Durán Morris, Victoria Pérez, Lucía Regueiro, Mónica García, Vicente De Souza, Josito Porto e Déborah Vukusic como vogais.