Dous nomes xa imprescindibles da nosa escena, Mabel Rivera e Belén Constenla, foron as galardoadas este ano co Premio de Honra Roberto Vidal Bolaño ao mérito nas artes escénicas, que se entrega no marco da Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia. "Protagonistas de relevantes capÃtulos da historia recente do teatro galego e principais valores da creación escénica actual", asà define o xurado do galardóns as dúas homenaxeadas, a destacar a implicación que amosan as dúas premiadas en diferentes ámbitos do sector escénico asà como a súa destacada carreira tanto en teatro como no audiovisual. Para alén de recoller o galardón o vindeiro 15 de xullo, as dúas actrices estrearán neste festival, o dÃa 19, a montaxe Voaxa e CarmÃn, obra de Esther F. Carrodeguas que se fixo co premio Abrente de Textos Teatrais na pasada edición.