En decembro haberá “ventanilla única” para coordinar as polÃticas do sector audiovisual nesta materia. Este foi o compromiso concreto que o presidente da Xunta, Alberto Nuñez Feijoo, transmitiu aos representantes do sector escénico e audiovisual, sen que no transcurso da xuntanza se apuntara cal será o deseño do organigrama. Por parte da Administración,e estaban presentes o conselleiro de Cultura, Roberto Varela, o secretario Xeral de Medios, Alfonso Cabaleiro e o director de Agadic, Juan Carlos Fasero. Por parte do sector, estaban presentes representantes dos empresarios (Jorge Algora representando a AEGA, Dolores Ben como presidenta de Agapi), sectores profesionais ( Jorge Coira do colectivo de directores CREA, Alfonso de la Puente por parte da asociación de guionistas; Antonio Durán “Morris” por parte da Asociación de Actores e Actrices; Salvador del RÃo por parte de Escena Galega e Andrés Bellas dos dobradores, Apradoga) e da Academia Galega do Audiovisual (Antonio Mourelos, o seu presidente). Os profesionais levaban meses solicitando a xuntanza.
Segundo fontes consultadas por este medio, o presidente Alberto Núñez Feijoo veu con bos ollos a petición dos diferentes membros do sector de que todas as liñas de apoio e de investimento deberán estar convocadas e resoltas no primeiro trimestre de ano. Ademais, na xuntanza incidiuse no relevante papel da CRTVG como motor do audiovisual, o compromiso de consolidación do ente por parte da Administración pero con mencións reiteradas ao gasto de persoal.