A Xunta, a Televisión de Galicia e seis entidades e asociacións audiovisuais reuníronse onte na Cidade da Cultura co obxectivo de definir unha estratexia conxunta para este sector entre os anos 2016 e 2020, definindo prioridades e prazos. Na xuntanza participaron o director da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), Jacobo Sutil, e nela tamén participaron Dolores Meijomín, coordinadora de Política Audiovisual da Agadic; Carmen Pita, directora de Promoción de Turismo de Galicia; Fernando Rodríguez Madriñán, director do departamento de Programación e Emisión de TVG; Carlos Ares, presidente da Academia Galega do Audiovisual; Mar Varela, xerente do Clúster Audiovisual Galego (Clag); Dolores Ben, presidenta da Asociación Galega de Produtoras Independentes (Agapi); Ramón Domínguez, presidente da Asociación de Empresas Galegas do Audiovisual (AEGA); Jorge Coira, presidente da Asociación de Directores e Realizadores de Galicia-CREA; e Daniel Domínguez, vogal Asociación Galega de Guionistas.
Xunta e sector audiovisual procuran unha estratexia conxunta para 2016-2020
Reuníronse onte na Cidade da Cultura
38 lecturas | Compartido 0 veces
Universo culturagalega.gal
Contextos
Claves
Protagonistas
Entidades
Cidade da CulturaAxencia Galega das Industrias CulturaisTelevisión de GaliciaAcademia Galega do AudiovisualTVGAGAPIClúster Audiovisual GalegoAsociación Galega de Produtoras IndependentesTurismo de GaliciaAsociación de Empresas Galegas do AudiovisualAsociación de Directores e Realizadores de GaliciaAsociación Galega de Guionistas
Conceptos
Lugares

