O pasado sábado 1 de agosto falecÃa aos 64 anos Dolores Ben, empresaria fundadora dos estudios de son cinematográfico Cinemar Films e que durante unha década estivo á fronte da Asociación Galega de Produtoras Independentes (AGAPI). Ben recibiu o Premio de Honra Fernando Rey 2011 da Academia Galega do Audiovisual, da que era socia e no seu rol de presidenta de AGAPI tamén recibiu o Premio da Cultura Galega en 2014. O seu pasamento foi recibido con tristura a nivel colectivo polas principais entidades do sector audiovisual como a AGAPI á que tantos anos dedicou, a Academia Galega do Audiovisual, a asociación Escena Galega, que lembraba a súa colaboración na organización da feira Culturgal, e desde a mesma dirección de Culturgal tamén se sumaban ao loito. O mesmo facÃa a Axencia Galega de Industrias Culturais (AGADIC) lembrando o traballo conxunto coa AGAPI. Dolores Ben foi presidenta de AGAPI dos anos 2007 a 2019, ano no que Felipe Lage tomou o seu relevo no cargo. E desde esta asociación comunicaban definÃan asà á súa ex-presidente: “Dolores foi un exemplo de muller rexa, loitadora e imprescindÃbel no panorama cultural galego e estatal. Lamentamos con fondura a perda dunha muller pioneira, valente e comprometida.” Tamén a Academia de las Artes y las Ciencias Cinematográficas de España facÃa lembranza da súa figura como “muller de retos” e “referente do audiovisual galego”.
Natural de Ortigueira, Dolores Ben fixo estudios de arquitectura en Madrid e comezou a traballar con son a nivel técnico na discográfica Hispavox. En Galicia o seu primeiro destino de traballo foi a produtora CTV, nos seus estudios de dobraxe para a TVG. Tras diso fundou con 24 anos a súa primeira empresa dedicada xustamente ao dobraxe e sonorización para cine e televisión, Sonidor, en Vigo. Desde 2008 dirixÃa Cinemar Films, con estudios no Milladoiro, Ames. Era un referente do audiovisual galego en xeral e da presenza feminina na profesión a un alto nivel, un papel que non deixa de ser moi recordado nestes tristes momentos.