O martes 23 ás 18:00 horas. Esa é a data prevista para que Roberto Varela, conselleiro de Cultura, se reúna cos representantes do sector escénico para buscar unha solución ás demandas presentadas por estes colectivos. Entre as medidas máis urxentes reclamadas polo sector figura a resolución das axudas á produción, distribución, compañÃas residentes, salas e asociacións antes do 30 de xuño. Unha demanda de difÃcil cumprimento xa que é un perÃodo moi breve para xuntar as comisións, avaliar o material e facer pública a resolución. En todo caso, o inicio destas actuacións poderÃanse resolver sen que a Axencia Galega das Industrias Culturais teña nomeado director. Segundo fontes deste organismo, a lei de creación desta axencia fai posible posible tomar esa decisión sen que exista un substituto para a vacante deixada por Miguel MartÃn.