O sector escénico reitera as súas peticións no marco do Foro dos Espazos para a Cultura

O Consello de Dirección de Agadic ratifica importes e beneficiarios das subvencións

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
Vista da mobilización do sector escénico no Foro de Espazos para a cultura

Vista da mobilización do sector escénico no Foro de Espazos para a cultura

No transcurso da inauguración do I Foro dos Espazos para a cultura un grupo de profesionais do sector escénico manifestáronse esixindo o pagamento das débedas contraídas. “Non nos queixamos polos recortes, senón porque non cumpren cos pagamentos xa acordados” explicou Salvador del Río, presidente dun dos colectivos implicados, o de Escena Galega. Ao remate, o conselleiro de Cultura, Roberto Varela, accedeu a entrevistarse con eles e comprometeuse a pedirlle á Consellería de Facenda unha excepcionalidade (o exercicio contable pechou no mes de setembro e non se tramitan facturas) para facer frente así aos pagos pendentes que afogan a este sector. Ademais, Agadic fixo pública onte a resolución do seu consello de Dirección que ratifica os importes e beneficiarios das axudas relativas as industrias culturais e as subvencións.

Que che parece esta nova?
44 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Roberto Varela, Escena Galega, Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO), Axencia Galega das Industrias Culturais