
Desde a AAAG aseguran que nada obxectan das escollas e artÃsticas propostas polo CDG e mesmo as celebran pero non asà a limitación da actividade por circunstancias económicas como escusa mentres "dende os Gobernos central e autonómico se aplaude e se celebra unha recuperación económica que resulta invisible", din no seu comunicado. No actual proxecto de orzamentos do 2017 recentemente presentado as cantidades que se propoñen para a Axencia Galega de Industrias Culturais (AGADIC) da que depende o CDG resulta practicamente a mesma que no ano en curso. Ante esta situación o actores reivindican que o Centro incremente a súa produción anual con outra montaxe entre os meses de novembro e decembro de 2017 e que incrementen o tamaño dos elencos e a contratación actoral. Desde a AAAg tamén creen necesario recuperar o Consello Asesor do CDG, un órgano desbotado que servirÃa como conexión entre a institución e a profesión. O programa da temporada do CDG presentouse esta semana e xa levaba como tÃtulo global Contigo, pan e... Centro Dramático Galego nunha clara referencia ao refrán sobre os tempos de penuria económica.