A semana pasada a prensa publicaba declaracións e acusacións cruzadas entre a Secretaría Xeral de Comunicación e a Consellaría de Cultura por mor do audiovisual. Unha materia na que as dúas entidades teñen competencias, tal e como se acordou na constitución do bipartito, e na que a práctica evidencia duplicidades e solapamentos. Analizamos o documento do reparto e vemos qué lle corresponde a cada quen.
O Centro Galego de Artes da Imaxe aínda non ten director e réxese por un decreto que o sitúa na Consellaría de Cultura e non na Secretaría Xeral de Comunicación, o Consorcio Audiovisual de Galicia reclama 500.000 a Cultura e a Industria por impago das súas cotas... son algúns dos síntomas de que algo falla no sector. Acudimos á orixe, ao documento que contén as bases programáticas para a acción do goberno que asinaron no 2005 os grupos políticos do PSdeG-Psoe e o BNG para formar o actual executivo. É alí onde está a teoría de que lle corresponde a cada quen no eido audiovisual.
O reparto no papel
Tanto o documento do acordo como a súa addenda para a formación do goberno de Galicia establece unha serie de características. En primeiro lugar a elaboración dunha lei que garanta autonomía e o carácter de servizo público da TVG. Entre os principais aspectos que acordaron se debería modificar figuraba o nomeamento do director xeral por maioría cualificada no Parlamento. No eido dos medios de comunicación tamén figuraba o do establecemento dunha regulación transparente e obxectiva das relacións coas empresas privadas de comunicación, incrementar a porcentaxe horaria de emisión en lingua galega, produción propia e produción galega en todas as concesións de radio e televisión (de feito, no caso da radio dixital declararon deserto o concurso que fora convocado co anterior executivo). Ademais, naquel documento figuraba a intención de procurar acadar un aumento de horas de emisión para o país, tanto da radio como da televisión públicas estatais que emiten en Galicia que chocou frontalmente cos plans do goberno de acometer unha fonda remodelación da RTVE que derivou nunha reducción na duración das desconexións e no uso do galego.
Ata aí todo conforme, na addenda figuraba a distribución de responsabilidades no executivo de Galicia. Alí, establecíase que Presidencia asumía as competencias da Secretaría Xeral de Comunicación, que pasaba a integrar a actual Secretaría Xeral para as Relacións cos Medios Informativos, a Compañía de Radio Televisión de Galicia e sociedades, así como a Dirección Xeral de Comunicación e Audiovisual. Neste último apartado facíase unha matización sen prexuízo do que se regula no apartado 4. E nese punto desenvolvíase que nos orzamentos da Consellería de Cultura e Deporte existirá consignación económica para axudas á creación, producción e divulgación cinematográfica, videográfica, audiovisual e multimedia, sen prexuizo das axudas que poida conceder a Secretaría Xeral de Comunicación ou a CRTVG. A dotación orzamentaria en 2006 será, alomenos, de cinco millóns de euros
Na práctica
Nestes dous anos, a prensa publicou en contadas ocasións certas desavinzas entre Cultura e a Secretaría Xeral de Comunicación (a través do seu titular, Fernando Salgado ou do director xeral con competencias na materia, Manuel José Fernandez de Comunicación Audiovisual ou o director-xerente do Consorcio, Ignacio Varela) sobre todo por mor do Centro Galego de Artes da Imaxe que, segundo ten manifestado Ánxela Bugallo non debería ter saído de Cultura. En todo caso, agora mesmo o panorama do audiovisual está escrito da seguinte maneira:
-A Secretaría Xeral de Comunicación:
Concentra as competencias do que con Pérez Varela se chamou Comunicación social é dicir que vai desde o audiovisual ata os medios de comunicación públicos (ente CRTVG). Dentro deste aspecto englóbase a dirección xeral competente na materia que ten ao fronte a Manuel José Fernández. Nunha entrevista concedida a este medio, o director xeral aseguraba en xaneiro de 2006 que co cambio do audiovisual no organigrama todas as entidades (CGAI, Consorcio Audiovisual de Galicia, Observatorio do Audiovisual en Galicia, Galicia Film Comission ) pasaban a depender da Secretaría Xeral de Comunicación. O problema, á marxe de se se cumplía ou non o pactado, viña en que todas estas entidades facían parte dun complexo normativo cuxo vértice era a Lei do Audiovisual de Galicia (6/1999 de 1 de setembro). Isto supuña que tanto a súa composición e funcionamento viña determinada por decreto. No caso do Consorcio Audiovisual de Galicia o martes 4 de xullo de 2006 (un ano despois do pacto de goberno) o DOG publicaba a nova composición que o encadraba no novo engranaxe institucional. Non aconteceu o mesmo co CGAI que se rexe polo decreto 210/1989 de composición do Centro Galego de Artes da Imaxe que o adscribe a Cultura. A día de hoxe, o CGAI continúa sen director despois de que o ano pasado se anunciase que primeiro Antonio Simón e despois Jaime Pena serían os que ocupasen o cargo. Un ano despois daquel anuncio, o cargo segue vacante e o director xeral é quen se ocupa da representación institucional desta entidade.
Ademais, a Secretaría Xeral de Comunicación mantén o Observatorio Audiovisual en Galicia que está a elaborar o seguimento das producións audiovisuais do sector. Conta co seu Portal do Audiovisual de Galicia a finais de 2006 con servizos como buscadores, almacenamento para descargar en streaming os traballos e unha presenza continuada na rede de creadores.
-A Consellaría de Cultura
Pola sua banda, tal e como se anunciara no documento que fixaba o bipartito, a Consellaría de Cultura anunciou para o 2006 axudas para o sector que superaban os tres millóns e medio de euros en categorías que ían desde o desenvolvemento ata a produción. Entre as novidades máis destacadas das convocatorias establecidas pola Consellaría de Cultura estaba o de definir que era (a efectos de subvención) unha produción galega. Era o primeiro achegamento á definición do produto do país que situaba a lingua da rodaxe como un elemento prioritario.
Despois de ter reclamado o traspaso do CGAI, o departamento que dirixe Ánxela Bugallo creou a Axencia Audiovisual Galega (28 de novembro de 2006). Tratábase do organismo , dependente da Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural, que xurdía para agrupar toda a información en materia audiovisual da Consellaría de Cultura. Esta nova entidade conta co seu propio sitio web no que se ofrece información para a actualidade do sector e unha oficina de produción virtual a través da que se ofrecerá asesoramento continuo aos creadores en todas as fases de realización do proxecto.
A polémica
Esta semana La Voz de Galicia anunciaba que o Consorcio Audiovisual de Galicia lles reclamaba a Cultura e a Industria 500.000 euros, correspondentes ás súas anualidades de 2006 e 2007. Unha acusación da que Ánxela Bugallo explicaba no mesmo xornal dicindo que non formaba parte do Consorcio e, polo tanto consideraba que non debía nada. O certo é que no anexo ao decreto 294/2002 polo que constitúe o Consorcio como entidade interadministrativa, non establece que acontecería nunha situación de impago. O que establece o decreto é que a separación dalgún dos membros poderase facer con aviso previo dun ano, sempre que non se prexudiquen os intereses xerais( ) e que entidade que se separe estea ao día dos seus compromisos anteriores e que garanta a liquidación das obrigas aprobadas no momento da separación. Ata o momento, malia que os seus ingresos dependen das entidades consorciadas, non mermou a súa liña de actividades e axudas para promover o audiovisual galego.
O futuro
Acontece que a Consellaría de Cultura vén de presentar o anteproxecto de lei da Axencia Galega das Industrias Culturais(AGADIC) unha entidade que substituirá ao antigo IGAEM e que pretende, segundo anunciaron na súa presentación ampliar as súas competencias a todos os eidos da cultura e tendo como obxectivo a promoción e consolidación do tecido empresarial do sector da cultura. Haberá que agardar para ver qué sucede no sector audiovisual e se se integra dentro deste novo organismo.